Arredor dos libros... que fermosa expresión para dar comezo a este proxecto!. Unha historia que se inicia hoxe, cun grupo de mestres ilusionados por saber máis, por formarnos, por medrar, por ampliar as nosas experiencias…
Queremos abrirnos paso a través deste mundo marabilloso dos libros.
Queremos coñecer as súas técnicas.
Quermos adentrarnos nas súas posibilidades…
Queremos aprender!!!
O primeiro paso foi facer un inventario das cousas que temos, para saber con que contamos, así tamén poderemos ver que cousas precisamos ao longo desta viaxe
A continuación falouse da posibilidade de crear unha especie de caderno de bitácora, coa idea de poder escribir sobre estas experiencias. Entón acordouse facer un blogue, e así poderemos usalo como citado caderno de bitácora, levando un rexistro do noso traballo, e tamén nos servirá para volcar distintas experiencias e ligazóns interesantes, que nos poden dar moita información. Aquí foi cando chegou a parte cómica, porque fixemos un listado das direccións de correo electrónico dos compoñentes, e algunhas eran moi divertidas, dando lugar a bromas e risas (nota mental: non poñer aquí ningún deses correos electrónicos, por aquilo de non levarme un pescozón dalgún compañeiro…)
En resumo: coido que esta viaxe vai resultar moi productiva…preparados, compañeiros!!!
Non encontro mellores palabras para describir esta nova experiencia que comezamos!!!
ResponderEliminar