venres, 28 de febreiro de 2014

Chateando versos

Ese é o título da sesión que desenvolvemos o 26 de Febreiro con Fran Alonso, escritor e poeta galego.
Deunos moitos recursos para a aula, como estas webs:
http://www.orellapendella.org/
http://enredandoversos.blogspot.com.es/
http://gatopoeta.net/menu
http://www.accionpoetica.com/
http://cariciasencuentos.blogspot.com.es/2012/03/frederik.html

Tamén nos leu varias poesías, do seu libro "Poetízate", xogando coa entoación, usando marionetas, confeti...
Falounos da peli "Léolo", dos "Contos en cueiros" (destinados a nenos de entre 0 e 3 anos), da asociación espacio-lectora que hai en Gondomar, da rapeira viguesa AID,  e os seus temas con poemas de Rosalía...

Contounos que as poesías teñen sete dimensións: palabras, maxia, silencio, música, oralidade, afectividade e xogo.

Ademáis, falou dalgunhas estratexias sinxelas para incentivar a escrita poética, como os seguintes:
- Escribir poemas con sonoridades a base de repeticións (de letras, palabras, vogais...)
- Mesturar versos (seleccionando versos de poemas distintos e ordenando estes ao propio gusto)
- Poemas recheos (suprimindo certas palabras dun poema, e enchéndoos logo con outras)
- A cadea dos versos (comezando cada novo verso coa última palabra do verso anterior...ou o mesmo pero entre estrofas)
- Cadáver exquisito (a partir dun verso, o seguinte escribe o primeiro que se lle ocorre, e así sucesivamente...a ver que sae)
- Acrósticos (Cada letra dunha palabra é a primeira letra dun verso, que formará un poema)
- Estruturas como o Haikus (con tres versos) e as cantigas (cun refrán que se repite)
- Palabras que riman (que logo servirán como base para un poema)
- Poesía visual e gráfica (caligramas, poemas con debuxos, ilustrar poemas)

Aí vos van as fotiños desta sesión













mércores, 19 de febreiro de 2014

"ARREDOR DOS LIBROS". Sesión do día 12 de Febreiro do 2014.

"ARREDOR DOS LIBROS". Sesión do día 12 de Febreiro do 2014.

Hoxe tivemos o pracer de contar coa presenza de Susana Lamela, escritora de libros coma "Soños de Andel" e "Andeis baleiros" (ilustrados por María Lires). Tamén é mestra de Ed. Primaria nun centro de Ponteareas.

A sesión constou de dúas partes:
  • Nunha primeira parte, a través de diversas tablets, Susana fíxonos unha presentación titulada "TECENDO VERBAS",cuyo obxectivo é descubrir diferentes xeitos de axudar ao noso alumnado a crear un conto. 
Nun primeiro momento debemos pensar o que queremos contar e facer unha pequena folla de ruta. Un conto pódese crear realizando os debuxos a partir do texto ou escribindo o texto a partir dos debuxos. En canto aos personaxes debemos facerlle preguntas os/as nenos/as que axuden a dar movemento, forma, sentimentos,... se poden personificar tanto animais como obxectos. Posteriormente, deberíamos diseñar os ambientes nos que integrar aos personaxes.

Algúns consellos que Susana nos deu para redactar textos son: empregar frases curtas, crear rimas,...

En canto a edición e dixitalización dos traballos, Susana falounos de diferentes programas como "kizoa.es", a través do cal pódense subir fotos e montar unha película na que se poderá engadir música, texto,.... outro programa chamado "Calame", que permite subir documentos en PDF e montar un libro dixital.

  • Na segunda parte, realizamos un obradoiro para escribir e imaxinar historias disparatadas.
 Os/as dez mestres/as que formamos o seminario dividímonos en dous grupos. Un dos grupos a partir de personaxes de contos clásicos montaron o texto e crearon un conto titulado "Había unha vez...". O outro grupo, o revés, a partir do texto fixeron os debuxos e montaron un conto que titularon "Teño frío". Deste xeito, como podemos comprobar, empregáronse as dúas técnicas.

Facendo una pequena reflexión desta sesión podemos dicir que a parte práctica foi moi entretida e beneficiosa para os/as mestres/as, xa que nela poidemos aplicar a teoría que Susana nos comentou na primera parte da sesión. Sacamos moitas ideas para poder aplicar nas aulas co alumando, cumplindo así co obxectivo que Susana se había marcado o comezo desta sesión. Foi una sesión moi distendida que fixo que o tempo pasase sen percatarnos. 


NATALIA e ANDREA

luns, 17 de febreiro de 2014

Caderno de Bitácora. Sesión 29 de xaneiro

“Arredor dos libros” SESIÓN MÉRCORES 29 DE XANEIRO: VISITA DE MARÍA LIRES Indagando na biografía da ilustradora María Lires, preséntase coas seguintes palabras: "Din que hai nenos que veñen cun pan baixo do brazo... Eu traía unha caixa de pinturas coas que ben cedo comecei a debuxar a miña versión persoal do mundo. Agora, dende o meu estudio ateigado de libros e pinceis, sigo a xogar debuxando a miña versión persoal dos textos de escritores e amigos coma Vazquez Pintor, Perozo, Susana Lamela, Neira Cruz, Montse Varela, Susa Herrera. Debuxar é a miña paixón. Iso e camiñar baixo as arbores á procura dalgunha criatura que atrapar nun novo libro." María Lires é natural de A Coruña e estudio una Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso. Desde hai 10 anos adícase a súa profesión de ilustradora de literatura infantil, e é xa unha figura consagrada en Galicia, e fóra destas fronteiras onde tivo o recoñecemento en ferias internacionais, como a do Libro de Bolonia, premio d honor. A ilustradora considera que a literatura infantil e todo o mundo que a rodea vive un momento fascinante, con moitas publicacións e un bo alto nivel, tanto de autores como de ilustradores. No seu caso colaborou prácticamente con todas as editoriais do país como Galaxia, Kalandraka, Xerais, Ir Indo, Primeira Persoa, Edelvives, Sotelo Branco ou a catalana Rodeira. En tan corto periodo de carreira, xa conta con casi unha veintena de libros ilustrados por ela, entre os que están “A folla seca” do escritor residente en Cangas, Xosé Vázquez Pintor. María Lires tamén é a autora das ilustracións de “Soños de andel”, “El hermano secreto de Caperucita R.”, “Cartas que veñen e van”, “O tareco de Sara” ou “A Caixa do tesouro”. Se ten que elexir unha ilustración é a de “Soños de andel” que supónlle un cambio de estilo, con figuras máis alongadas e máis fusionadas con ela mesma. O mércores 29 de xaneiro, todos os que formamos parte do grupo “Arredor dos libros”, tivemos a oportunidade de poñer en práctica distintas técnicas que utiliza a ilustradora María Lires nos contos dos máis pequenos. Entre elas hai que destacar: colax de figuras grandes e sinxelas, creación de fondos con ceras brandas, combinación de cores, resaltar luces e sombras, debuxos a oleo...etc. Esta visita, como educadores que somos, supón un privilexio á hora de aprender a crear contos cos nosos nenos e nenas. Pero máis alá de todas as técnicas e teoría que isto implica, resaltaré o intercambio de ideas e complicidade entre todos os do grupo, pois María L. fixo que a nosa creatividade aflorara, ademáis de disfrutar dunha tarde chea de imaxinación e diversión.

venres, 7 de febreiro de 2014