luns, 17 de febreiro de 2014

Caderno de Bitácora. Sesión 29 de xaneiro

“Arredor dos libros” SESIÓN MÉRCORES 29 DE XANEIRO: VISITA DE MARÍA LIRES Indagando na biografía da ilustradora María Lires, preséntase coas seguintes palabras: "Din que hai nenos que veñen cun pan baixo do brazo... Eu traía unha caixa de pinturas coas que ben cedo comecei a debuxar a miña versión persoal do mundo. Agora, dende o meu estudio ateigado de libros e pinceis, sigo a xogar debuxando a miña versión persoal dos textos de escritores e amigos coma Vazquez Pintor, Perozo, Susana Lamela, Neira Cruz, Montse Varela, Susa Herrera. Debuxar é a miña paixón. Iso e camiñar baixo as arbores á procura dalgunha criatura que atrapar nun novo libro." María Lires é natural de A Coruña e estudio una Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso. Desde hai 10 anos adícase a súa profesión de ilustradora de literatura infantil, e é xa unha figura consagrada en Galicia, e fóra destas fronteiras onde tivo o recoñecemento en ferias internacionais, como a do Libro de Bolonia, premio d honor. A ilustradora considera que a literatura infantil e todo o mundo que a rodea vive un momento fascinante, con moitas publicacións e un bo alto nivel, tanto de autores como de ilustradores. No seu caso colaborou prácticamente con todas as editoriais do país como Galaxia, Kalandraka, Xerais, Ir Indo, Primeira Persoa, Edelvives, Sotelo Branco ou a catalana Rodeira. En tan corto periodo de carreira, xa conta con casi unha veintena de libros ilustrados por ela, entre os que están “A folla seca” do escritor residente en Cangas, Xosé Vázquez Pintor. María Lires tamén é a autora das ilustracións de “Soños de andel”, “El hermano secreto de Caperucita R.”, “Cartas que veñen e van”, “O tareco de Sara” ou “A Caixa do tesouro”. Se ten que elexir unha ilustración é a de “Soños de andel” que supónlle un cambio de estilo, con figuras máis alongadas e máis fusionadas con ela mesma. O mércores 29 de xaneiro, todos os que formamos parte do grupo “Arredor dos libros”, tivemos a oportunidade de poñer en práctica distintas técnicas que utiliza a ilustradora María Lires nos contos dos máis pequenos. Entre elas hai que destacar: colax de figuras grandes e sinxelas, creación de fondos con ceras brandas, combinación de cores, resaltar luces e sombras, debuxos a oleo...etc. Esta visita, como educadores que somos, supón un privilexio á hora de aprender a crear contos cos nosos nenos e nenas. Pero máis alá de todas as técnicas e teoría que isto implica, resaltaré o intercambio de ideas e complicidade entre todos os do grupo, pois María L. fixo que a nosa creatividade aflorara, ademáis de disfrutar dunha tarde chea de imaxinación e diversión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario