venres, 28 de febreiro de 2014

Chateando versos

Ese é o título da sesión que desenvolvemos o 26 de Febreiro con Fran Alonso, escritor e poeta galego.
Deunos moitos recursos para a aula, como estas webs:
http://www.orellapendella.org/
http://enredandoversos.blogspot.com.es/
http://gatopoeta.net/menu
http://www.accionpoetica.com/
http://cariciasencuentos.blogspot.com.es/2012/03/frederik.html

Tamén nos leu varias poesías, do seu libro "Poetízate", xogando coa entoación, usando marionetas, confeti...
Falounos da peli "Léolo", dos "Contos en cueiros" (destinados a nenos de entre 0 e 3 anos), da asociación espacio-lectora que hai en Gondomar, da rapeira viguesa AID,  e os seus temas con poemas de Rosalía...

Contounos que as poesías teñen sete dimensións: palabras, maxia, silencio, música, oralidade, afectividade e xogo.

Ademáis, falou dalgunhas estratexias sinxelas para incentivar a escrita poética, como os seguintes:
- Escribir poemas con sonoridades a base de repeticións (de letras, palabras, vogais...)
- Mesturar versos (seleccionando versos de poemas distintos e ordenando estes ao propio gusto)
- Poemas recheos (suprimindo certas palabras dun poema, e enchéndoos logo con outras)
- A cadea dos versos (comezando cada novo verso coa última palabra do verso anterior...ou o mesmo pero entre estrofas)
- Cadáver exquisito (a partir dun verso, o seguinte escribe o primeiro que se lle ocorre, e así sucesivamente...a ver que sae)
- Acrósticos (Cada letra dunha palabra é a primeira letra dun verso, que formará un poema)
- Estruturas como o Haikus (con tres versos) e as cantigas (cun refrán que se repite)
- Palabras que riman (que logo servirán como base para un poema)
- Poesía visual e gráfica (caligramas, poemas con debuxos, ilustrar poemas)

Aí vos van as fotiños desta sesión













Ningún comentario:

Publicar un comentario